PreguntePregunte por correo electrónicoPregunte por chat

Consulta

Bo dia, chamome Lucia XXX, con DNI XXX e queria retirsr o seguinte libro:

Hostelería y turismo : cuerpo de Profesores de Enseñanza Secundaria / [Rafael García Cebrián... et al.].
Tipo: materialTypeLabelLibro
Editor: Alcalá de Guadaíra (Sevilla) : MAD, 2007
Descrición: v. ; 25 cm.
ISBN: 978-84-665-8537-8 (o.c.).
Santiago de Compostela - Biblioteca Pública Ánxel Casal
Vigo - Biblioteca Pública Juan Compañel
3º andar
640 HOS(3) [oposicións]
v.3


Vexo que teño que retiralo en Santiago pero que está en Vigo. A min interesariame recollelo en Vigo, pode ser posible? Ou podo pedir que mo trasladen a Vigo para collelo ahi? Moitas grazas 22/09/2020

Bos días e grazas por utilizar o servizo "Pregunte, as bibliotecas responden".

"Hostalería e turismo : corpo de Profesores de Ensino Secundario" trátase dunha obra que ten como biblioteca de orixe a Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela e que nestes momentos atópase en préstamo na Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo.

Se Vostede necesita consulta a obra non terá que desprazarse ata Santiago de Compostela, o que deberá facer é realizar a petición do exemplar desde a súa biblioteca e será a biblioteca a encargada de facerlle chegar o exemplar ao tratarse dun exemplar que pode prestarse a outras bibliotecas, no seu caso á Biblioteca Juan Compañel.

A Biblioteca Juan Compaañel proporciona aos seus usuarios a posibilidade de levar en préstamo aqueles documentos que non se atopen entre os fondos do centro pero si nalgunha das restantes bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia:

O lector/a pode localizar o título do seu interese no catálogo colectivo destas bibliotecas e solicitalo por calquera das seguintes vías:

Presencialmente, no mostrador de préstamo na planta baixa.
Por teléfono: 886 120 440
Por correo electrónico: prestamo.biblioteca.vigo@xunta.gal
A través do formulario web
O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1. No caso de que a obra estea constituída por varias partes (volumes dun libro, capítulos dunha serie etc.), poderán solicitarse ata un máximo de tres documentos.

O prazo de recepción do material solicitado soe ser de 2 ou 3 días. Unha vez recibido, a biblioteca porase en contacto co lector para comunicarlle a chegada do documento. A partir dese momento o lector disporá de 7 días para facer a recollida. No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo.

Esperamos que la información le sea de utilidad.

Saludos.