PreguntePregunte por correo electrónicoPregunte por chat

Consulta

Bo día, gustaríame saber o horario da biblioteca Nós de Ourense no Nadal. Moitas grazas. 22/12/2021

Bo día e grazas por utilizar o servizo cooperativo de información "Pregunte, as bibliotecas responden". Escribímoslle desde a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola responsable no día de hoxe de atender este servizo.

En relación á súa pregunta sobre o horario da Biblioteca Publica de Ourense podémoslle informar, unha vez consultada a súa páxina web que é o mesmo que o mantido durante todo en horario de inverno:

Do 1 de setembro ao 30 de Xuño
De luns a venresde 09:00 a 21:00 e
Sábados de 10:00 a 14:00

Durante o período do Nadal a biblioteca permanecerá pechada os días 24, 25 e 31 de decembro de 2021 e os días 1 e 6 de xaneiro de 2022

Esperamos que a información proporcionada lle sexa de utilidade. Un cordial saúdo e grazas por utilizar o este servizo.