PreguntePregunte por correo electrónicoPregunte por chat

Consulta

Boa tarde. A miña consulta é sobre os Sistemas Integrados de Xestión Bibliotecaria e as Plataformas de Servizos Bibliotecarios. Que sistema ou plataforma se utiliza na rede pública de bibliotecas de Galicia? Polo que vexo no OPAC da Rede emprégase Koha. Atopei tamén algunha noticia falando da implantación progresiva nas bibliotecas públicas dunha plataforma única de xestión, pero non sei se fai referencia a Koha ou a algún outro SIGB ou PSB. Se non é posible responder esta dúbida por esta vía, a onde podería dirixirme para facer a consulta?. Moitas grazas por adiantado. Saúdos. 01/12/2021

Bo día e grazas por utilizar o servizo "Pregunte: as bibliotecas responden". Escribímoslle desde a Biblioteca Municipal de Estudos Locais, responsable no día de hoxe de atender este servizo cooperativo.

Efectivamente, a rede de bibliotecas públicas de Galicia utiliza Koha, un sistema de software de código aberto. Neste sistema integrado de xestión vanse incorporando en diferentes fases as bibliotecas municipais e escolares. Sobre isto ten máis información nesta ligazón: https://amtega.xunta.gal/nova/a-xunta-integra-outras-80-bibliotecas-publicas-na-plataforma-unica-de-xestion

Pero a rede de bibliotecas municipais da Coruña continua a traballar cun sistema diferente, Absysnet, un programa da empresa Baratz, de xeito que os seus fondos non aparecen no catálogo da rede de bibliotecas públicas de Galicia. De momento, non está contemplada a súa integración en Koha.

Ademáis disto, está tamén a plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe. Funciona sobre Ebiblio, servizo impulsado pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura en colaboración con Servizos de Bibliotecas das Comunidades Autónomas.

Neste vídeo, a partir do minuto 2:16, hai unha presentación de Koha

https://youtu.be/VYullpQtgxw

Sobre Absysnet: https://www.baratz.es/software-para-bibliotecas/

Sobre Ebiblio: https://galicia.ebiblio.es/about

Sobre GaliciaLe: https://www.galiciale.gal/

Agardamos que esta información fóra do seu interese.

Saúdos